viernes, 20 de julio de 2012

A Unión Europea volve a investigar a Microsoft por aventallar a Internet Explorer en Windows 8 e Windows RT


Surface de Microsoft
O de Microsoft cos navegadores en Europa parece non ter fin. A compañía de Redmond xa tuvo problemas no pasado ó non cumplir a tempo coa sua promesa de ofrecer un modo doado aos usuarios para que pudesen escoller un navegador nada máis instalar Windows (a chamada “Ballot screen”), e agora a comisión reguladora da Unión Europea está investigando a Microsoft para determinar si bloquea aos fabricantes a instalación doutros navegadores.
Estas investigacions son, sin ir máis lonxe, unha resposta ás denuncias de varios fabricantes cuxo nome non se publicou. Hay tamén sospeitas de que Microsoft non está ofrecendo o suficente acceso as APIs de Windows 8 aos navegadores, dando a ventaxa de aproveitar todas as novedades da interfaz sólo a Internet Explorer. E quizás o que máis chama a atención: parece que os fabricantes non poderán preinstalar ningún navegador alternativo nas tablets con Windows RT.
Microsoft ten seu historial en canto a aventaxar a navegadores, pero non é a única compañía que o fixo. Seu rival Apple ten moitas restriccions en canto a navegadores alternativos nos dispositivos iOS, sendo o último exemplo un Chrome que é en realidade un Safari coa interfaz e os servizos do navegador de Google. Polo momento Microsoft non fixo ningún comentario oficial ao respecto.
A solución é doada: máis acceso ás APIs para os navegadores da competencia, máis acceso aos fabricantes para que preinstalen as aplicacions que queiran nos dispositivos que manufacturan para Windows 8 e/ou Windows RT. Outra cousa é que en Microsoft estén decididos a face-lo.
Vía | Reuters

No hay comentarios:

Publicar un comentario