VLC é un reproductor de vídeo moi popular hoxe en día pola sua gran facilidade
de uso, velocidade e o non requerir ningún tipo de codec de video para
reproducilos sexa quen sexa, o que o fai realmente mais versátil que
calquer outro. Coa saida de VLC 2.0 agora se engadeu unha serie de melloras novas ao reproductor que o fan ainda mellor que antes.

Na versión de Windows e Linux lamentablemente non poderemos gozar do
novo aspecto que si ten na versión de Mac OS X pero si de todo o demáis. Agora grazas ao novo renderizado de vídeo mediante Pipeline e aceleración por GPU os vídeos vense moito mellor e a performance se incrementou polo que non notaremos ”tirons” nos vídeos con
calidade e resolución en HD. Tamén se ampliou os dispositivos
compatibles, sendo o engadido do Blu-Ray o mais importante e tamén se mellorou o aspecto dos menúes e as opcions.
Si xa tiñas o reproductor VLC instalado, é imprescindible baixarte esta versión totalmente anovada.
Vía Videolan
No hay comentarios:
Publicar un comentario