miércoles, 17 de agosto de 2011

Google compra Motorola por 12.500 millons de dólares


Motorola y Google

Así, de repente, sen avisar e sen ninguen que o maxinase. Google acaba de anunciar que mercaron Motorola Mobility. Sí, a división de móbeis. E non, non é coña. Google desembolsou 40 dólares por acción, un total de 12.500 millons de dólares, e serán eles quenes pasen a xestionar a compañía. A pesar de esto, Motorola seguirá sendo un negocio separado do resto de Google.

Android seguirá siendo aberto, e Motorola non terá nengún privilexio máis que o resto de fabricantes

Na nota de prensa, Google destaca que Android seguirá sendo un sistema aberto, e que seguirá traballando co resto de fabricantes. Android non estará licenciado en exclusiva a ningún fabricante.

Motorola seguirá coa mesma licenza de Android que tiña antes. Non terá nengún privilexio máis que o resto de fabricantes, xa que as licencias serán exactamente as mesmas. Esto é importante, xa que si fora de outra forma seguramente se atoparían con problemas legais (si é que non se os atopan xa).

¿Mellorará Google a integración de Android co hardware? Segurísimo

Unha das cousas que lle faltan a Android, e da que moita xente se queixa é a fragmentación. Un mesmo sistema en moitos dispositivos que non consegue alcanza-la perfección en ningun deles. É, ademáis, un dos aspectos nos que o iPhone ganalle de calle: ao ser Apple quen deseña tanto o software coma o hardware, ambos compenetran-se á perfección e o resultado é un sistema moi fluido e cun rendemiento excelente.

Coa compra de Motorola, Google podería atallar en gran parte este problema. Primeiro, porque na práctica os inxenieiros de Google e Motorola van a traballar xuntos. É decir, que o hardware de Motorola estará perfectamente adaptado e preparado para o software de Google, e viceversa. O resultado, uns móviles oficiais de Google e nos que Android amosará todo seu potencial.

Ademáis, ao traballar de forma tan cercana cun fabricante de hardware, Google aprenderá moito de ahí. I esas leccions seguramente se podan aplicar a todo o sistema Android mellorando a integración con todos os móbiles en xeral.

Google tamén adquire todo o portafolio de patentes de Motorola

Últimamente, as novas sobre patentes empezaron a saltar por todas partes. As compañías soltaron ás feras, e un dos obxetivos máis atacados está siendo Google, máis específicamente Android.

¿Cómo protexerse de estos ataques? Con patentes. Y Motorola é unha empresa con 80 anos de vida, así que ten un bo repertorio de patentes que agora pasan todas a Google. Unha forma excelente de igualar a batalla, e que seguramente traia un pouco mais de calma ao sector.

A Google interesa-lle algo mais que as patentes e os móbeis de Motorola

Xa halamos de patentes e de móbeis, pero hai algo máis que pode impulsar a Google a comprar Motorola. I é que, como din na sua nota de prensa, Motorola tamén é un actor destacado no sector do vídeo e da tecnoloxía para o fogar. ¿Sona-vos a algo?

Efectivamente. Google xa ten algo por aquí. Por unha parte, temos Google TV. Non está arrancando moi ben, pero co apoio de Motorola, Google podería renovar este producto e relanza-lo.

E por outra parte, temos tamén a Android@Home, o proxecto de Google para a domótica. Antes, con sólo o software, podía sonar como algo un pouco raro ou difícil de levar a cabo. Pero con Motorola ao lado, esta proposta toma moitísimo mais sentido.

¿Qué opinades desta compra vos? ¿Creédes que hai máis aspectos que Google poda aproveitar coa compra de Motorola?

Vía | Official Google Blog
Más información | TechCrunch
En Xataka | Google adquiere Motorola por 12.500 miloones de dólares

No hay comentarios:

Publicar un comentario