viernes, 27 de mayo de 2011

MacDefender, o falso antivirus que complica a vida a Apple


MacDefender, el falso antivirus que complica la vida a Apple

Como moitos dos usuarios ben se encargan de lembrar cada vez que falamos de antivirus e seguridade o principal peligro para os nosos sistemas se atopa detrás dos teclados. Somos os propios usuarios os que acabamos por facilitar a entrada de malware nos nosos equipos e ninguen está libre desta cuestión. Tal é o caso de MacDefencer, o falso antivirus que complica a vida a Apple.

Trata-se dun falso antivirus que aparece en páginas web maliciosas que tratan de alertarnos de que o equipo Mac que estamos utilizando foi infectado por un virus, para que nos descarguemos e instalemos a aplicación. Busca de este modo complica-la vida a esta gama de usuarios de perfil baixo que se pasaron a Mac tratando de evitar os problemas de malware, máis frecuentes en Windows. O obxetivo final é facerse cos datos da nosa tarxeta de crédito, bancarios, etc.

Onte Apple lanzóu as instrucciones necesarias para eliminar dito virus de forma oficial. Tardaron veinticinco días en facelo, quizáis demasiado, porque xa se atopa unha variedade máis perigosa de MacDefender circulando pola rede posto que neste caso non se necesita contrasinal de administrador para a sua instalación no equipo. O novo falso antivirus atopado, MacGuard (MacDefender xa tivo outros nomes como MacSecurity ou MacProtector), é unha variante que trata de evitar que o usuario cancele a instalación, tal e coma indican as instruccions de Apple cando aparece directamente un arquivo zip para a sua descarga e instalación no navegador.

Apple ten previsto lanzar unha actualización de software para solucionar este problema, pero tal vez a moitos usuarios houbera-lles gustado que reaccionaran un poco máis rápido. A rapidez nestos casos é fundamental á hora de atallar a propagación do problema. Pouca pouco Apple vai gañando cota de mercado, sendo máis popular o que unido á mellora de seguridade de sistemas Microsoft fai que moitos dos “chicos malos” poñan os seus ollos nesta plataforma.

A parte boa de todo esto é que desinstalar este falso antivirus non é complicado. Só debemos seguir unha serie de pasos que nos amosan nosos compañeiros de Applesfera, pra eliminalo do noso sistema de forma manual. Cancelar o proceso, desinstalar e eliminar arquivos de configuración, así coma os accesos á aplicación que poidan existir.

Os grandes perxudicados con este problema, ademáis do usuario, son Apple e MacDefender. Apple porque reacciona tarde ao problema, saca a solución ou indicacions como soluciona-lo problema cando xa o virus ten unha mutación que invalida unha parte da sua solución, polo menos para que o usuario non chegue a infectarse, e ademáis obliga-lle a traballar nun parche de seguridade para eliminar este problema. E MacDefender porque sendo unha empresa que desenrrola aplicacions para Mac ve como o seu nome é usurpado por un falso antivirus cos problemas que esto lle acarrea de falta de confianza por parte dos usuarios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario