viernes, 12 de agosto de 2011

Chegan os xogos a Google +


llegan-los-juegos-a-google-plus.jpg

Os nosos compañeiros de Genbeta Social Media anticiparon-nos o mes pasado que Google+ podería incorporar pronto xogos e unha sección de preguntas e respostas. Agora xa é oficial, chegan os xogos a Google+

O anunciaron no blogue de Google, así como Bradley Horowitz na sua conta da rede social. Os xogos de Google+ xa están aquí, seguindo a líña de éxito comezada co Facebook anque cunha fórmula para implementalos que moitos usuarios van agradecer.

Porque os juegos vanse integrar de forma “separada”. Os xogos e todo o vinculado con eles estarán no apartado “xogos”, sen interferir co stream principal do usuario, contentando así tanto aos que xogan, como aos que non.

Os xogos non están neste momento implementados para todas as cuentas. Si a tua dispon deles, verás como se amosa na imaxen cabeceira, xunto ao botón “círculos”, un quinto icono á dereita dos xa existentes.

O catálogo inicial de xogos é pequeno, anque con títulos moi coñecidos, como Angry Birds ou o popular Sudoku. En breve este catálogo aumentará, incorporando outros títulos existentes e outros npvos creados por Google.

Vía e imaxen | Google Blog

No hay comentarios:

Publicar un comentario