lunes, 14 de marzo de 2011

No espazo ninguen oirá os teus clics de rato



O espazo, negro e insondabel coma a alma humana. ¿soache? ¿E No espazo espacio ninguen oirá teus gritos? A televisión e o cine están cheos de referenzas ao universo, ese gran telón negro no que habitamos sen darnos conta da sua presenza.

A astronomía evolucionou nos últimos anos e cada pouco tempo recibimos fotografías de satélites espaciais que chegaron a rincons inexplorados. Obviamente viaxar hasta alí persoalmente é pouco práctico, por non decir caro ou imposible. Podes comprarte un telescopio, pero tamén teñen prezos prohibitivos.

¿Qué che parecería viaxar polo espazo sen sair da casa, dende o teu ordeador?

Amosamos-te varios planetarios virtuais repletos de información e representacions animadas do universo e os corpos celestes que o habitan, como constelacions, estrelas, planetas, satélites e cometas.

  • Celestia

  • Celestia simula viaxes espaciais. Elixes o punto inicial e de destiño e o programa amosa unha recreación do traxecto. Poderás navegar polos corpos celestes e velos de preto ou lonxe.

    A calidade das imáxes e animacions é moi boa, ademáis de ofrecer información complementaria útil tanto para expertos como para aficionados á astronomía.

  • Stellarium

  • Ve-lo firmamento cheo de constelacions non ten prezo. E si miras máis alá verás algún planeta.

    Stellarium é un telescopio virtual que te levará aos rincons máis remotos do espacio, onde se atopan toda clase de astros. Ao facer clic en cada obxeto obterás información da sua posición.

    E si buscas algo en particular, Stellarium levará-te alí.

    Google Earth

  • O atlas interactivo de Google crece con cada nova versión. Actualmente, ademáis de velo planeta terra dende todalas perspectivas posibles e con información da Wikipedia e fotografías de gran calidade de múltiples fontes, Google Earth permite-che visita-la Lua e Marte, con gran realismo e atención nos detalles, ademáis de galaxias e constelacions.
  • WorldWide Telescope

  • Microsoft también ten o seu telescopio virtual particular. Con WorldWide Telescope poderás ve-las estrelas e as constelacions con todo luxo de detalles, así como asistir a viaxes guiados.

Outros programas que te poden interesar:

No hay comentarios:

Publicar un comentario