miércoles, 13 de julio de 2011

WordPress supera os 50 millons de blogues

WordPress supera os 50 millons de blogues


Si fai uns anos todo o mundo creía-se co talento necesario para grabar un disco, agora esta circunstancia repite-se coa suposta habilidade pra escribir.

Boa parte da culpa é da fiebre polo blogging i é que prácticamente todos coñecemos a alguén que actualice periódicamente a sua propia bitácora con textos máis ou menos interesantes.

WordPress é un dos principais servizos de blogging e proba delo é que acaba de supera-la barreira dos 50 millons de blogs. Así o fixo público Automattic, propietaria do servizo, días despois do lanzamento dunha nova versión, a 3. 2, que esperan continuen cunha tendencia de éxito que se converteu en habitual.

Na actualidade WordPress presume dunha cifra de visitas superior ás 300 millons de persoas ao mes que se interesan polos 500. 000 post de media creados cada día.

Google+ supera as suas propias expectativas

Google+ supera as suas propias expectativas



O éxito de Google+ superou as previsiones dos seus propios responsables. A nova rede social tivo problemas para administrar tanto ardor internauta e durante 80 minutos os seus servidores quedaronse sin espazo debido ao intenso volume de tráfico que tivo que soportar.

Esto provocóu unha acción involuntaria de spam que fixo que Google+ mutliplicara o envío de invitacions falsas, circunstancia pola cál xa se disculpou.

Para tentar axudar aos usuarios, Google+ colgou unha páxina web a modo de guía onde dase resposta aos fallos máis comuns que se puderon detectar.

Ademáis, nunha comunicación oficial, a rede social do navegador solicitou ás empresas que polo momento NON aciven perfiles corporativos xa que nun futuro inmediato lanzará solucions específicas ao respecto.

martes, 12 de julio de 2011

Speckie, Corrector ortográfico pra Internet Explorer

Internet Explorer é un gran navegador, sobretodo a ultima versión, pero hai certas funcions das que ainda carece e unha delas é a dun corrector ortográfico. Como Internet Explorer non posue esta ferramenta, para alguns tan útil, sempre poderemos recurrir a este Addon chamado Speckie.

Unha vez que nos instalamos Speckie en Internet Explorer, este Addon encarga-se de analisar en tempo real o que escribamos e marcara-nos con un subrayado en cor bermello (a cor é configurable) as palabras que teñan faltas de ortografía, facendo click dereito sobre esas palabras Speckie suxerirá-nos un menú coas palabras escritas correctamente. Desta forma este corrector ortográfico aforra-nos moitísimo traballo xa que non teremos que pasa-lo texto a Word (por exemplo) para que analise si hai faltas ortográficas.

Speckie écompatible con mais de 30 idiomas e inclue o Español, ademais é gratis.

Vía Speckie

jueves, 7 de julio de 2011

Desarticulada a cúpula de Anonymous en Italia


Os presuntos líderes do grupo de hackers Anonymous que viven en Italia foron identificados e á vez denunciados pola policía italiana. Según as mesmas fontes policiais, as identificacions destos membros de Anonymous permitiron que se puderan realizar 32 rexistros e se incautara gran cantidade de material informático. Estas detencions realizaronse tanto en Italia como en Suiza. Además, na misma Suiza identificóu-se a un xoven de 26 anos de edade, coñecido na rede como Phre, que foi considerado como o xefe da rama de Anonymous que esta activa en Italia.

Hackers Anonymous italia Desarticulada la cúpula de Anonymous en Italia

A policía italiana para realizar estas identificacione no seu país, pudo contar coa colaboración da policía suiza, tomando en consideración que o supuesto cabecilla do grupo de hackers pertencente a Anonymous, Phre, residía xusto nesos momentos no sur de Suiza.

Esta operación foi nomeada Secure Italy, e deu como resultado final a identificación dun total de 15 persoas, cuxas edades están comprendidas entre os 15 e os 28 anos de edade, e dentro entre este grupo de 15 personas, 5 deles resultaron ser menores de edade. Por outra parte, outras 36 personas se atopan implicadas nesta operación i están á espera dos resultados das novas investigacions para determina-lo seu nivel de culpabilidade. Os cargos que se lles imputaron aos detidos son os de acceso abusivo e danos ao sistema informático, así como interrupción do servicio público.

Ademáis, según a información que dou a policía italiana, o método utilizado por estos hackers para realizalos seus ataques a outras redes é el coñecido como DoOS, o cal consiste en enviar grandes cantidades de solicitudes de servicios a unha páxina web hasta que esta colapsa-se e se interrumpe o seu servicio habitual. Con elo, estos hackers lograban afecta-lo funcionamento da entidade que convertían en obxeto dos seus ataques, xa sexa pública ou dunha rede privada.

martes, 5 de julio de 2011

Apple, atacada polos hackers

Apple, atacada polos hackers


 Apple, atacada por los hackers

Fai unhas semanas Anonymous anunciaba a inminente posta en marcha da operación Antisec, unha serie de ataques a grandes institucions que ya se cobrou a sua primeira víctima.

A pesar de que as corporacions privadas non estaban entre os obxetivos prioritarios, o primeiro en caer foi Apple, según recoñeceu o propio grupo de ciberactivistas a través da sua conta oficial en Twitter.

Grazas a diversos ataques realizados durante este fin de semana contra a compañía de Cupertino, Anonymous habería obtido 27 nomes de usuarios cos seus respectivos contrasinais, despois de introducirse no sistema a conta dun furado de seguridade.

Polo momento a mazan garda silenzo, anque os medios especializados reduciron ao mínimo as posibles consecuencias do ataque. Ademáis, parece que Anonymous centrará as suas accions en novos obxetivos, algo que se deduce dun mensaxe enviado ao propio Steve Jobs onde aseguran: “Non vos preocupédes, estamos ocupados noutras cousas”.

StressMyPC, Testear a estabilidade do teu overclocking

StressMyPC, Testear a estabilidade do teu overclocking


StressMyPC2 300x225 StressMyPC, Testear la estabilidad de tu overclocking

A practica do overclocking esta moi difundida polos usuarios ”avanzados” de PC, esta practica consiste en subirlle as frecuencias aos procesadores e tarxetas gráficas (en maior medida) para que funcione de maneira mais rápida en calquera das suas tarefas. Claro que o Overclocking ten un limite xa que ao subir hasta certas frecuencias (dependendo do modelo de procesador ou gráfica) este pode provocar colgues repentinos.

Para consegui-la máxima subida de frecuencia e que non se produzcan colgues debe-se utilizar un programa especial que faga funcionar ao hardware ao 100% e proba-la sua estabilidade, para elo poderemos recorrer a StressMyPC. Esta aplicación é ideal para overclocking xa que estresa a nosa computadora ao máximo das suas capacidades, desta forma veremos si se producen colgues ou non coas frecuencias que estamos manexando, facilitando moito as probas en overclocking.

Este sinxelo programa é totalmente gratuito e sera-lles de moita axuda sen dubidas.

AVISO: o overclocking debe-se manexar con moito coidado pois pode producir avaria na PC, tan pronto empecemos a notar colgues, non aumentaremos as frecuencias quedandonos coa anterior a os colgues que sera a máxima soportada polo PC.

Vía StressMyPC

lunes, 4 de julio de 2011

Alguns conceptos básicos de seguridade informática que deberías coñecer

Alguns conceptos básicos de seguridade informática que deberías coñecer


Un candado. Obvio, no?

En Costaweb falamos de software e Internet, e alguns de esos artígos falan de seguridade informática: vulnerabilidades en aplicacions, ataques a servidores, protocolos pouco seguros… Por eso, hoxe en Infcostaweb imos tratar, sen entrar en detalles técnicos, alguns temas de seguridade informática.

Como en todo, conven saber sobre qué estamos traballando (Internet neste caso), e cómo protexemos nosa seguridade. E qué mellor lugar que InfCostaweb (tanto en artígos como nos comentarios) para entrar un pouco en materia. Anque non son un experto en seguridade, vou a tratar de explicarvos alguns conceptos básicos da seguridade en Internet e cómo nos afectan como usuarios.

¿Cómo se manteñen os nosos contrasinais seguros?

Os contrasinais son a primeira barreira que poñemos para que ninguen poda entrar na nosa conta. En InfCostaweb demos-vos consellos para manter vosos contrasinais seguros, pero, ¿qué fan os servidores, os que as gardan, para que tamén estén seguras pola sua parte?

Si vos mandádes o contrasinal “pepe” ao servidor, na sua base de datos non se garda “pepe”, senon algo chamado o hash. Por así decilo, o hash é a pegada dixital dunha palabra. Teóricamente é único, e a partir de él non se pode recupera-la palabra orixinal. Desta forma, anque un atacante lograse todo-los hashes dun servidor, resultaría-lle difícil recupera-los contrasinais.

Nembargantes, como bastantes medidas de seguridade, os hashes poden-se saltar ao bruto, neste caso, probando. Ao final, este método consiste en probar moitas combinacions de letras e palabras de diccionario a ver se algunha coincide. Por eso é importante que o voso contrasinal non sexa unha palabra ou algo sinxelo. Si usádes como contrasinal “patata”, por moito hash que haxa estádes vendidos.

OAuth (Twitter y Facebook Connect), máis seguro que os contrasinais

Logo de OAuth

Nalguns sitios tendés a opción de entrar non con usuario e contrasinal, senon coa vosa conta de Facebook ou Twitter a travéso do protocolo OAuth. Ademáis de ser máis cómodo, este método de autenticación é bastante máis seguro.

Este método é bastante sinxelo. Cando entras nun sitio web con Twitter ou Facebook, redirixen-che á páxina da rede social. Ahí, ti da-la autorización para que a web poda acceder (con máis ou menos privilexios) a tua conta. A web recibe un par _token / token_secret_, que son unha especie de usuario e contrasinal. Con eles, la web pode acceder a tua conta de Twitter ou Facebook.

O bo é que cada par de tokens é único. Cada sitio web ten un par distinto para cada usuario, así que anque alguen consiguiese todolos pares de todolos usuarios, non lle servirían de nada porque sóio sirven para acceder a Twitter/Facebook dende un único sitio. Ademáis, teñen a ventaxa de que se poden revocar: en calquier momento prohíbes o acceso da web a tua conta sen trocar nin un soio contrasinal.

¿E os nosos datos? ¿Cómo viaxan os datos sen que ninguen os vexa?

Un certificado, que nos indica que la conexión es segura.
Un certificado que nos indica que a conexión é segura.

Seguro que algunha vez os pregunta-ches cómo funcionan eso que chaman as conexions seguras, que supostamente impiden que ninguen vexa os datos. É sinxelo: cifran os datos (que non encriptan, eso é sóio unha mala traducción do inglés). O cifrado consiste en transformar unha mensaxe de forma que soio se poda recuperar o orixinal cunha clave, que pode ser ou non a mesma coa que se cifróu.

Cando establecemos unha conexión cun servidor seguro, o navegador e o servidor intertrocan as claves nun proceso llamado hand-shaking ou apretón de mans. Con esas claves cifra-se todo o tráfico entre ambos, así que ninguen máis pode ve-los mensaxes. Ademáis, con esto evita-se os chamados ataques man in the middle, literalmente home no medio.

Estos ataques consisten en que alguen se convirte no intermediario entre o servidor e o navegador. Todo-los datos transmitidos en cualquier sentido pasan por él, de forma que ti, como usuario, poderías estar recibindo cousas falsas i enviando datos a alguen que non é quen ti agardas. As conexiones seguras evitan estos ataques, xa que garantan que o servidor é quen di ser.

As conexiones seguras non sóio se aplican á navegación normal, tamén ás conexions WiFi. Por eso é peligroso usar unha Wifi aberta. Non sóio se pode colar calquera, sinon que tamén poden ver todo o que transmites. O tráfico non está cifrado, i é como si estuveses gritando aos catro ventos o que estás facendo. Calquera podería copiar a seu ordeador todo o tráfico que xenerádes, ou incluso manipula-lo. Resumindo: si podédes, NON vos conectédes a redes wifi abertas.

¿Qué pasa cando atacan un servidor?

Que levante a mano o que non haxa oído falar da palabra DDoS estas últimas semans. Ninguen, ¿verdad? I é que últimamente, os DDoS están de moda da man de Anonymous. Pero, ¿qué é un DDoS?

Os ataques DDoS son ataques de forza bruta. Consisten en dar moito a lata ao servidor saturándolle a peticions, hasta que o servidor di basta e deixa de respostar. É un método moi burdo e simple, pero tremendamente efectivo cando temos a un montón de xente facendo peticions a ese servidor.

Además dos DDoS, hai ataques a servidores máis sutiles, alguns aproveitándose de aplicacions non actualizadas. Outros están baseados na peza entre o teclado e a cadeira, o querido usuario. Efectivamente, moitas veces o usuario se deja un arquivo coas claves visible para todos, deixa contrasinais por defecto, da pistas de ónde e cómo atacar…

Si tedes un blog ou algo similar, probablemente deberíades revisar este tipo de cousas. Lembrade, nunca deixedes os contrasinais por defecto, e non guardédes nada confidencial, como contrasinais, en arquivos de texto que estén accesibles. Usade para esto, pendrives extraibles, que estarán en perigo, pouco tempo, o que estén conectados, e namais rematar de usar a clave, QUITADEO, usando como é de rigor, a funcion, de quitar hardware con seguridade.

Por último, tamén hai outro tipo de ataque moi coñecido, os XSS. Son erros nas webs que permiten que, trocando alguns parámetros da URL podamos amosar calquer cousa na web: un texto, un script, unha imaxen de Mr Bean… Non soen ser demasiado perigosos, e alguns navegadores (Chrome por exemplo) xa o evitan dende o propio navegador.

¿E a mín? ¿Poden atacarme ao meu ordeador persoal como fan cos servidores?

Esto é bastante máis difícil. Ademáis das medidas de seguridade que poña o operador, o voso ordeador está detrás dun router. Anque alguen consiguise a tua dirección IP, sería complicado chegar a teu ordeador persoal xa que habería que pasar por riba dun router que, salvo que haxádes tocado algo raro (como activa-la DMZ, que deixa o camiño ceibe a voso ordeador), non debería deixar pasar ningunha conexión deste tipo. Ademais está o firewall, que ainda que non sexa namais que o que incorpora windows, SEMPRE debe estar activado, e tí, controlar, dando paso ás aplicacions que ti e solo ti queiras.

De todas formas, que sexa máis difícil atacar a teu ordeador persoal non quita que sexas invulnerable. Siempre hai virus, troyanos e malware en xeral agardando a que algún despistado o instale no ordeador, y para eso sólo vale ter senso común e un bo antivirus, que non fai falta que sexa de pago: AVG Free e AVAST free son duas opcions gratuitas que lonxe de ser cativas, protexen moi ben ao ordeador.

¿Por qué é perigoso usar aplicacions non actualizadas?

Una actualización como esta no sólo trae cosas bonitas y brillantes, también evita problemas de seguridad.
Unha actualización como esta non sóio trae cousas bonitas e brilantes, tamén evita problemas de seguridade.

En InfCostaweb, os editores soemos ter versionitis, e sempre estamos instalando a última versión de todo para ter toda-las características. Pero non toda-las actualizacions traen novedades, de feito, a maioría de elas corrixen problemas de seguridade.

¿Qué problemas de seguridade das aplicacions nos poden afectar a nos como usuarios? Hai moitos tipos, pero o máis perigoso é o chamado buffer overflow, ou desbordamento de búfer.

O desbordamento de búfer é un fallo que fai que un programa escriba na memoria RAM máis da conta. Así, sobrepasa o espazo que tíña asignado i escribe encima doutra cousa. O problema chega cando esa outra cousa son instruccions para que as execute o sistema. Aproveitándose destos fallos, un atacante podería escribir nesa zona de memoria i executar o código que lle dese a gana no noso ordeador. Non soa ben, ¿verdade?

Por eso é tan importante que manteñades as vosas aplicacions actualizadas. Xa non é sóio ter o último do último, é unha cuestión de seguridade.

E hasta aquí chega este artígo. Espero que os servira para saber un pouco máis de Internet e cómo podedes estar más seguros nél. Si tendés algo que engadir ou que correxir, no dubidédes en facelo nos comentarios.


Imaxen | Sebastián Piraña | Johan Larrson

Lanza-se o novo Opera 11.50

Lanza-se o novo Opera 11.50


Opera 11 50 285x250 Se lanza el nuevo Opera 11.50

Chega a nova versión dun dos mellores navegadores de Internet da actualidade, Opera 11.50. Esta nova versión de Opera promete unha velocidade impresionante á hora da navegación e alguns retoques interesantes. Primeiro hai que suliñar o soporte para as novas extensions con contido en tempo real, como por exemplo ver estado do tempo, velas ultimas novedades no teu blogue favorito ou os tweets máis recentes en Twitter, etc.

Ademais hai unha mellora en Opera link para mante-los nosos favoritos, contrasinais e datos personais na nube, podendo acceder a el e importa-lo en calquer computadora. Os seus creadores tamén puxeron fincapé no manexo da tecnoloxía HTML5 e a velocidade, sendo agora mais rápido e mais compatible con este tipo de contidos na rede.

Invito-che a proba-lo novo Opera, é un navegador fantástico. Ainda que na miña opinión non chega ás prestacións de Firefox 5,.

Vía Opera

Anonymous estrea HackerLeaks e LocalLeaks

Anonymous estrea HackerLeaks e LocalLeaks

O colectivo de hackers que foi máis activo de internet nestos últimos meses, Anonymous, informou á comunidade virtual a apertura de dous sitios webs que atopan inspiración no modelo de WikiLeaks, co mesmo obxetivo incluso: Converter ambas webs en tribuna para as denuncias contra os grupos de poder, estados, ademáis de aqueles organismos (incluso con capital privado) que ocultan información sensible ás persoas afectadas.

HackerLeaks Anonymous estrena HackerLeaks y LocalLeaks

Según o anuncio de Anonymous, estas duas webs serán coñecidas cos nomes de HackerLeaks e LocalLeaks. HackerLeaks adicará-se á cobertura informativa cunha perspectiva moito máis aberta, sobre todo tomando como fonte de información os datos que eles ou outros hackers haxan podido roubar na rede; mientras que LocalLeaks concentrará-se en asuntos locais cun enfoque máis doméstico dentro de determinados territorios.

Para o funcionamento de ambos sitios de denuncias, o modelo que seguirán será o mismo do que se valeu Julian Assange para por en marcha WikiLeaks: Os hackers de Anonymous van a recibi-los archivos con información clasificada en listas páxinas webs habilitadas. Unha vez que se haxan recepcionado, os arquivos serán procesados para así eliminar calquier rastro que puidera delata-la fonte dende ónde proveñen os mesmos e, xa cando estén ceibes de calquer sospeita, serán enviados a diferentes medios de comunicación internacional, tal como o fixo WikiLeaks no seu momento, e deste modo facer pública a denuncia en cuestión.

Guiados pola consigna “Xente axudando a xente a vivir nun honrado e transparente mundo”, os hackers de Anonymous queren estar moi activos nesta nova versión de guerra informativa que se vive actualmente na rede. Agora toca agardar a ver cán efectivas poden ser estas duas webs: HackerLeaks y LocalLeaks.

Dende Costaweb parecenos unha boa iniciativa, que pode sacar á lus, moitas cacicadas,

viernes, 1 de julio de 2011

5 problemas frecuentes co teclado e a sua solución

5 problemas frecuentes co teclado e a sua solución



Según os expertos en ergonomía, os nosos dedos "camiñan" sobre o teclado unha media de vinte kilómetros cada día. Si o teclado deixa de funcionar con normalidade, este recorrido vese drásticamente interrumpido, e con él a nosa productividade.

As anomalías que poden aqueixar ao noso periférico más fiel son moitas: teclas que se desconfiguran ou deixan de respostar, acentos que non aparecen, caracteres extraños... Imos velos 5 problemas que aqueixan ao teclado con maior frecuencia e cómo se solucionan.

1. ¡Xa non saen acentos, nin eñes! ¡Está todo trocado de sitio!

Si estás escribindo en Messenger e de repente non te funcionan os acentos, non empieces a gritar: o máis probable é que pulsaras sen querer os atallos de teclado Alt+Mayús ou Control+Mayús. Para volver á normalidade, volve presionar o atallo correspondente.

Teclas cambiadas, no funcionan

Esto é o que pode pasar cando queres escribir "La casa está..." tras pulsar Alt+Mayús

A combinación Alt+Mayús troca o idioma de entrada (o que tecleas), mentras que Control+Mayús troca a distribución do teclado. Posto que esto solo é útil para persoas que trocan frecuentemente entre idiomas distintos, aconsellamos-te desactivar estos atallos.

Cambiar secuencia de teclas

Para elo, vai a -prepárate, que é longo- Panel de control > Configuración regional y de idioma > Teclados e idiomas > Cambiar teclados > Configuración avanzada de teclas > Cambiar secuencia de teclas. ¿Conseguiste chegar á ventá que se ve arriba? Agora solo che falta marcar No asignada en ambas seccions e aceptar.

2. As teclas Control e Alt non funcionan, os atallos / combinacions non van

Os atallos de teclado (tecla especial+letra) son, como di o nome, métodos abreviados para pedir a Windows que faga algo. Si deixan de funcionar, pode deberse a moitos motivos, pero dous dos máis frecuentes teñen que ver con Teclas especiales (StickyKeys) e atallos conflictivos.

Atajos de teclado

Para moitas persoas, perder os atallos de teclado supon non poder traballar con soltura

Teclas especiais é unha función de accesibilidade de Windows que se diseñou para facilitar o uso do teclado por parte de persoas que teñen dificultade en presionar duas teclas ol mismo tempo. Invocan-se pulsando as maiúsculas cinco veces seguidas e si se activan crean toda unha serie de problemas. Para desactivar las StickyKeys, sigue o tutorial.

Facilitar uso del teclado

Comproba que non estéa activada ningunha casiña no Centro de accesibilidade > Facilita-lo uso do teclado

Se non hai ningunha opción de accesibilidade activada, enton pode que haxa un conflicto de atallos, esto é, que outro programa residente en memoria haxa reservado esa combinación de teclas. Para averigualo, tes ActiveHotkeys, unha utilidade que amosa todos los métodos abreviados activos en Windows:

ActiveHotkeys

ActiveHotkeys amosa todos los atallos activos en memoria

O problema é que Windows non di a qué aplicación pertence cada atallo, así que deberás adiviñalo. Abre o administrador de tarefas e vai pechando procesos hasta que o atallo volte a funcionar. Unha vez identificado ao programa culpable, quizá poidas entrar nas suas opcions e configurar un método abreviado alternativo.

3. ¡As teclas especiais / multimedia non van!

As teclas multimedia son aquelas que permiten trocar o volume do son, silencialo ou trocar de pista. Hoxe en día, solo os teclados básicos carecen delas. Modelos máis avanzados poden incluir rodas para navegar por páxinas, botons para abrir programas e incluso visores LCD. Cando non funcionan, o teclado volvese un trasto grande e inútil.

Teclas multimedia

Tanto si queres activar as teclas multimedia como desactivalas, necesitas controladores

Si deixan de funcionar, a causa ten que ver casi seguro cos controladores (drivers) do teclado. Os teclados Microsoft e Logitech -as duas marcas de periféricos máis famosas- teñen seus propios paquetes de controladores: IntelliType e SetPoint respectivamente.

4. Unha tecla non funciona, parece dañada / rota / atorada...

Xa non se fan teclados como os IBM Serie M, que eran enxendros mecánicos indestructibles. Os teclados de hoxe en día son de membrana, e anque haxan mellorado moito a sua calidade nos últimos anos, están suxeitos a roturas e atascos a miudo irreparables. Si non podes reemplazar o teclado ou levalo a un taller, he aquí unhas soluciones:

  • Limpia o teclado cun cepillo e un espray de CO2 (desmontándo-o ou sin desmonta-lo);

  • É un teclado inalámbrico? Comproba a conexión IR/Bluetooth e troca as baterías;

  • Si eso non funciona, usa un teclado virtual mentras agardas para mercar un reemplazo;

  • En caso de emerxencia, reasigna a tecla danada a outra cun "mapeador" de teclas.

Teclado virtual

Os teclados virtuais son incómodos, pero poden sacarte de máis dun apuro cando o teclado real falla

5. ¡O ordeador escribe soio, as teclas presionan-se, escrebo pero non ocorre nada! ¡Socorro!

O teu teclado non está hechizado. O máis probable é que o ordeador ao cal o conecta-ches estéa infestado cun virus ou un programa espía. O malware soe intercepta-las pulsacions de teclado para sustraer información sensible, como números de tarxetas de crédito ou contrasinais.

Revealer Keylogger

A mayoría de keyloggers son discretos, pero as veces interfiren co tecleo cotian...

No el caso dos keyloggers, estamos ante programas que graban todo o que se teclea, interfirindo -as veces- co el uso cotian do ordeador. E se o ordeador ten unha porta traseira aberta, pode que agora sexa un zombi controlado remotamente. Pero non desesperes, é algo que se pode arrahnxar en pouco tiempo e sen formatear.

Para lidiar con estas ameazas, repetimos alguns dos pasos que xa recomendamos no noso tutorial sobre roubo de contrasinais e datos personais:

Tuveches algun destos problemas ou otro? ¿Cóma o solucionaste?